- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Manselle
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado na Aldea de Abaixo, no punto coñecido como A Eira, ao pé dunha pista asfaltada.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 50 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas encintadas con cemento, cos gabinetes pechados con ladrillo. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Os linteis e as columnas son de pedra e a cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas. Os dous pinches son de madeira. Armazón de madeira e cubrición de tella do país, atopándose en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao NW.
Non se pode concretar a cronoloxía deste hórreo, aínda que parece que é antigo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 95)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.729949, -8.718433
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Eira da Lavandeira de Imo (11 hórreos)
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño