Saltar ao contido principal

Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1874
Lugar
Vigo
Concello
Dodro

Nunha finca privada no núcleo correspondente ao solar nº 31, no muro de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada.

Fermoso exemplar restaurado de hórreo mixto, característico desta zona. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito encintado con cemento, duns 1,45 metros de altura, servindo de peche da finca. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con balaústres de madeira e unha cinta. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada, separando o penal traseiro do seu pinche. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra, sendo visible no pinche da fronte a data de construción do hórreo: 1874. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada e en chafrán, con botón central, sobre pedestal discoide e esta sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal con gran bóla no remate. Orientado ao NE.

No frontispicio pon a data de construción: 1874.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 65)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715775, -8.692167

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo