- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Reboiras
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
No lugar coñecido como Eira de Malla de Reboiras, na metade sur da mesma.
Non ten repisa, as cepas asentan directamente sobre unha pedra rectangular. Os soportes son catro cepas de pedra. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta de madeira no lateral sur. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira orixinariamente, estando actualmente o ladrillo substituíndo á madeira. Os dous pinches son de madeira. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao W.
No 2010, di unha veciña que é moi antigo, máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 120)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.717776, -8.702850
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño