- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Reboiras
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado no lugar coñecido como Eira da Malla de Reboiras, no ángulo NW da mesma.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito duns 40 centímetros de alto. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, estando a madeira restaurada e pintada de vermello. Ten unha porta de madeira no lateral leste, enmarcada con columnas de pedra. Linteis, columnas e cornixa de pedra. A cornixa separa os dous penais dos seus respectivos pinches, e está moldurada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal hai un motivo decorativo en relevo de forma hexagonal no que está inscrito a data de construción do hórreo, aínda que actualmente está moi gastado, non conseguindo distinguir a data. Cubrición de tella do país. Remates: tres pináculos piramidais estilizados en cada pinche, nos extremos e no centro dos mesmos. Orientado ao NE.
No 2010, parece que tería uns setenta anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 121)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.718222, -8.703187
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Rialiño
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Rialiño
Dodro, San Xián de Laíño