- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado nunha finca privada no núcleo de Rialiño.
Cimentado sobre unha repisa baixa de perpiaño de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando o penal traseiro do seu pinche. Penal da fronte de pedra, con porta de madeira e penal traseiro de pedra con seis fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: non conserva a cruz, só a base, actualmente cuberta de hedra, e pináculo no lado oposto, tamén cuberto de vexetación; presenta tamén catro pináculos máis pequenos, un en cada esquina dos pinches. Orientado ao NW.
Parece que ten entre 70 e 80 anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 138)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.735080, -8.694805
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño