Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XX
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Na rúa do Medio.

A cimentación é un muro ou repisa de cachotaría de granito actualmente encintado con cemento, duns 95 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra, tamén amalgamadas con cemento. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten tres claros, con balaústres de madeira, pintada de verde, e dúas cintas. Porta de madeira no lateral leste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e  madeira, con balaústres deste último material. Pinches de madeira. Cubrición con tellas do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, a dona non cre que non chegue aos cen anos, aínda que por tipoloxía si que parece antigo. Podería datarse a comezos do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 19)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732932, -8.668865

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo