- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Pexegueiro
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Na finca traseira dunha vivenda privada, correspondente ao solar nº 17.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, dun 1,40 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, cos gabinetes pechados con madeira no lateral oeste e ladrillo no lateral leste. Os tornarratos son pedras transversais sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira pintada de verde no lateral oeste. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e pinche de cemento. E penal traseiro tamén de pedra e, orixinariamente, de madeira, estando actualmente a madeira substituída por cemento, co pinche tamén de cemento. Sobrepenas nos dous pinches. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta e estreita de sección cuadrangular; e pináculo piramidal moi estilizado. Orientado ao N.
No 2010, a propietaria di que é antigo, máis de cen anos, que sempre lle acorda alí. A factura é algo ruda, pudendo ter, efectivamente, certa antigüidade.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 115)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.746441, -8.705580
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño