Saltar ao contido principal

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Dodriño - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Dodriño
Concello
Dodro

Nunha eira aberta.

Hórreo en estado de ruínas, carecendo de cubrición e de balaústres, cuberto de vexetación. Sería un bonito exemplo de hórreo mixto de tres claros que, segundo unha veciña, era o mellor do lugar. Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito duns 2,50 metros de altura máxima (está nun pequeno desnivel). Non ten soportes, tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo, asentando directamente sobre a repisa. Ten tres claros, non conservando actualmente a madeira de peche dos mesmos. Columnas e cornixa de pedra. O penal dianteiro é de pedra con porta de madeira. O penal traseiro é de pedra con fendas de ventilación horizontais (apenas visible, está cuberto de vexetación). O pinche do penal traseiro, de pedra, está caído aos pés do hórreo, sendo visible nel un semicírculo escavado na pedra cun pequeno orificio de ventilación no medio. Apenas conserva algunha tella do país da cubrición. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños aseguran que é moi antigo, sendo o mellor ou dos mellores exemplares existentes na aldea. Tería máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 5)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.722068, -8.689417

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo