- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Traxeito
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado na finca traseira dunha vivenda privada, correspondente ao solar nº 1.
A cimentación non é visible. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, estando a madeira en bastante mal estado. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta con molduracións de sección cuadrangular sobre escocia; e pináculo piramidal moi estilizado co extremo superior partido. Orientado ao N.
No 2010, os veciños non saben concretar a antigüidade; parece que podería situarse nos anos 20-30 do século pasado, en función da súa similitude con outros hórreos do concello.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 177)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.743045, -8.698353
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño