Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

No Quinteiro de Abaixo, nunha parcela privada pechada, ao lado do Bar Gómez.

A cimentación debe ser unha repisa de cachotaría de granito, como o resto dos hórreos de Teaio. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo, para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo e cunha porta de chapa metálica no lateral leste. Os esquinais son de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Linteis de pedra, con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con 20 fendas de ventilación horizontais dispostas en dúas ringleiras de 10 fendas cada unha. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: dúas cruces florenzadas cos ángulos en chafrán e sobre base en escocia. Orientado ao NE-SW.

No 2010, segundo o propietario, andaría preto dos cen anos. Orixinalmente era máis grande, e estaba emprazado un metros máis ao NE, mais fixeron unha casa no seu emprazamento e trasladárono ao actual lugar, quitándolle un claro.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 259)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.714640, -8.753045

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo