Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Localizado nunha pequena parcela detrás da casa á que pertence, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de alto, xa que ten que salvar un importante desnivel aquí existente. A repisa ten acaroado polo leste unha prolongación de pedras a xeito de plataforma, no que é visible un pío, onde se trituraba a comida dos animais. Os soportes son tres cepas de pedra, con moldura semicircular na parte superior nas cepas laterais, e troncopiramidal invertido na cepa do centro. Os gabinetes están pechados con ladrillo e porta de madeira entre columnas de cemento no lateral norte. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral norte, mentres que no lateral sur está pechado con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra co van da entrada alintelado pero pechado con ladrillos; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita con tella do país por riba. Remates: cruz latina baixa florenzada con botón central e ángulos en chafrán, moi gastada, faltándolle o brazo esquerdo, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao SW.

No 2010, os propietarios e máis veciños aseguran que é moi antigo, de máis de cen anos. Por factura parece, efectivamente, moi antigo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 100)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730430, -8.718928

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo