- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No lugar coñecido como O Soutiño, ao lado doutro hórreo (nº 16), ao NW.
Trátase dun pequeno hórreo cunha cimentación en repisa de cachotaría de granito duns 27 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. O chan do corpo do hórreo é de ladrillo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira. Cubrición con uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, din os propietarios que andaría polos cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 32)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.733218, -8.668645
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro