- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Revixós
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No lugar chamado O Outeiro. Hai outros catro hórreos no Outeiro, mais con ladrillos e cemento.
Cimentado sobre un muro ou repisa de cachotaría de granito baixa, duns 30 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, estando o gabinete norte pechado con cemento e cunha porta de chapa metálica no lateral leste. O tornarratos é unha pedra rectangular transversal sobre cada cepa. Ten dous claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Cunha porta de chapa metálica no lateral leste e unha porta de madeira no lateral oeste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra, co espazo onde iría a porta de madeira pechado con ladrillo. Penal traseiro de pedra e madeira. Pinches madeira. Cubrición de uralita e por riba tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, din os veciños que sería moi antigo, aínda que non precisaron anos. Dataría de principios do século XX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 44)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.723116, -8.685808
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño