Saltar ao contido principal

Hórreo de Rial da Lagoa

Hórreo de Rial da Lagoa - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Rial da Lagoa
Concello
Dodro

Situado na finca traseira da vivenda á que pertence, o nº 1 do núcleo, á entrada da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, de 1 metro de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas tamén con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillos e con mallas metálicas, empregados a xeito de almacéns. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste enmarcada por dúas columnas de pedra. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita e por riba tellas do país, asentando a primeira sobre unha camada de cemento sobre a cornixa. Remates: cruz latina alta cos ángulos en chafrán, sobre base en escocia moldurada.; e pináculo en forma de anforeta con arestas e rematada en argola e bóla. Orientado ao NW.

No 2010,  di o fillo do propietario que debe ser dos primeiros anos do século XX. Orixinariamente estaba situado no centro da aldea, no interior da propiedade da casa número 28, propiedade desta mesma familia. Tiña outro claro, o cal facía un lixeiro ángulo con respecto ao resto do hórreo, mais ao trasladalo de lugar non o reconstruíron.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 132)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.720291, -8.715862

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo