Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo da Casa do Piñón
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1879
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

A Casa do Piñón, á que pertence este hórreo, data, segundo reza no arco superior da porta, de 1879, aínda que actualmente está restaurada. Está situada na rúa Fortunato Cruces nº 3, na marxe esquerda da AC-307 segundo se entra en Lestrobe desde o norte. Trátase dunha vivenda tradicional de pedra, con construcións adxectivas, incluíndo este hórreo en moi bo estado de conservación, xa restaurado.

Trátase dun hórreo de tipo mixto, cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito con tres grades de subida na parte frontal. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira. Penal traseiro tamén de pedra con fendas de ventilación. Cuberta de tella do país. Con dous pináculos estilizados en cada extremo a modo de remates.  Orientado ao Norte

Supónselle a mesma antigüidade que a casa (finais do século XIX).

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 38)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.735109, -8.665298

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo