- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Castro
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado no alto, nun outeiro, no ángulo NW do núcleo.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, de factura ruda. Non ten soportes, asentando o tornarratos, corrido, directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que conserva a madeira en moi mal estado. Ten, aínda que en moi mal estado, catro portas de madeira no lateral sur: unha no claro leste e tres no claro oeste. No lateral norte ten acaroado un pequeno galpón de ladrillo e uralita. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Armazón de madeira en moi mal estado para a suxeición da cubrición. Penal oriental de perpiaños de granito, sen ventilación e con pinche de pedra; e penal traseiro tamén de perpiaños de granito, sen ventilación, con pinche de pedra. Non ten sobrepenas. A cubrición é de tella do país, atopándose en moi mal estado. Non conserva os remates. Orientado ao NW-SE.
No 2010, di un dos propietarios, duns oitenta e pico anos, que é moi antigo, que lle acorda toda a vida.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 150)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.723847, -8.719803
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Castro
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Rial da Lagoa
Dodro, San Xián de Laíño