- Outras denominacións
- Hórreo dos Loureiro
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1925
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado na Aldea de Abaixo, na Corredoira de Folgueiras, ao pé dunha pista asfaltada, xunto a vivenda nº 2.
A cimentación, sobre unha pequena plataforma de cemento que lle dá acceso por medio dunhas escadas, é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, parece que de factura máis ou menos recente. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente na plataforma. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, o do medio pechado con ladrillo vermello e as xuntas en branco, e os laterais con porta de madeira no costal sur. Os esquinais do hórreo son de pedra, con cinco fendas de ventilación horizontais cada un. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de cemento. Na parede costal sur é visible, nas columnas e nos esquinais, motivos decorativos en relevo a media altura, nos esquinais en forma cuadrangular co extremo exterior en semicírculo e nas columnas cuadrangular cos extremos superior e inferior tamén en semicírculo. Os dous penais son de pedra con doce fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de uralita. Remates: no penal leste, cruz florenzada cos ángulos en chafrán, sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e no penal oeste, pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.
Parece que tería máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de mediados da década de 1920 (sobre 1925).
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 188)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.697136, -8.735303
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Eira de Lestrobe (5 hórreos)
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Paizal
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño