- Outras denominacións
- Hórreo do Manco
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1927
- Lugar
- Bexo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado na Aldea de Abaixo, no patio traseiro da casa nº 5 á que pertence, preto da praza de Chan da Viña.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría e perpiaños de granito, con pequenas pedras nas xuntas. Acaroado ao ángulo SW da plataforma, son visibles unhas escadas de pedra para o acceso ao hórreo, con cinco grades, ao sur destas, un pequeno cubículo de pedra con porta para usos domésticos. Os soportes son catro cepas de perpiaños. O gabinete norte está pechado con ladrillo e malla metálica para galiñeiro. Tornarratos corrido ao longo do corpo de todo o hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. O penal frontal é de pedra con porta de madeira. O penal traseiro é de pedra. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal frontal, cruz florenzada cos ángulos en chafrán, sobre base en escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e no penal oeste, pináculo piramidal estilizado rematado en bóla con arestas e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, segundo o fillo do propietario, tería máis de cen anos. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de 1927, por analoxía con outros exemplares.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 189)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.696924, -8.734464
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Vigo
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo da casa reitoral de San Xoán de Laíño
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, San Xián de Laíño