Saltar ao contido principal

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro
Outras denominacións
Hórreo de Nieves
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1880
Lugar
Bustelo
Concello
Dodro

No medio da aldea, xunto á casa nº 18.

A cimentación non é visible. Os soportes son tres cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo no seu lateral oeste. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, todo pintado de vermello. Presenta unha porta de madeira no lateral leste, enmarcada por dúas columnas de pedra. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con orificio da porta pechado con balaústres de madeira e dúas cintas, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz céltica (ou funeral, como chaman en Bustelo) rota sobre base en escocia na parte dianteira; e pináculo piramidal rematado en bóla, cun pequeno reloxo de sol acaroado na parte inferior. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría arredor de 1880, ano en que culmina o cultivo do millo na aldea de Bustelo. Parece que tanto a cruz funeral, como pináculo e o reloxo de sol foron engadidos posteriormente.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 204)

Sendeiros de Dodro

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731641, -8.769222

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo