Saltar ao contido principal

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Concello de Dodro
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Traxeito
Concello
Dodro

Localizado no patio dunha casa nº 36.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, a cal só é visible no extremo sur, estando o resto tapado por unha plataforma de pedra e cemento que salva o desnivel existente entre o hórreo e a casa. Entre o tramo de repisa que conserva e a plataforma do patio ten unha cimentación de cemento, onde é visible unha porta de aluminio no lateral leste. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta de sección triangular sobre base cuadrangular e pináculo cilíndrico sen bóla. Orientado ao N.

No 2010, a propietaria, duns setenta anos, di que lle acorda toda a vida o hórreo, sen precisar cronoloxía.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 170)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CP-67)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.742271, -8.698212

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo