Saltar ao contido principal

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo do Señor Ramón
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Bustelo
Concello
Dodro

No lugar coñecido como A Eira, no ángulo SE da aldea.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, de considerable tamaño, con reloxo de sol e con cuberta de lousas. A cimentación é unha repisa de perpiaños de granito sobre a rocha natural, en parte tapada por espesa vexetación. Os soportes son cinco cepas de perpiaños. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, orixinalmente pechados con balaústres de madeira e unha cinta, aínda que actualmente apenas se conserve a madeira. Tería unha porta de madeira no lateral leste, actualmente desaparecida, conservando as dúas columnas de pedra que a enmarcaban. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cuberta sen tellas, a base de lousas. Remates: na parte dianteira, cruz céltica (chamada funeral neste lugar), moi frecuente nos hórreos de Bustelo, sobre base cuadrangular e esta sobre pedestal troncopiramidal; e na parte traseira, fermoso remate en forma de torre estilizada cun reloxo de sol circular en pedra acaroado na súa base cuadrangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, sería de finais do século XIX (entre 1879 e 1880) por analoxías con outros hórreos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 202)

Reloxos de sol de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731380, -8.768759

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo