- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1841
- Lugar
- Rial da Lagoa
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado nunha pequena leira situada fronte á casa á que pertence, e correspondente co solar número 25, á entrada do núcleo. Ao pé da pista asfaltada que leva ao interior do núcleo.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral leste. Os linteis son de pedra, con dúas fendas de ventilación horizontais cada unha. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella plana. Remates: cruz latina alta cos extremos ensanchados cuadrangulares e ángulos en chafrán, sobre base cuadrangular cos ángulos cóncavos e con decoración de follas nas esquinas; e pináculo piramidal moi estilizado rematado nunha moldura cuadrangular e enriba unha bóla ovoide. Orientado ao NE.
No pinche frontal é visible, aínda que algo gastada, a inscrición “Año 1841”. No 2010, di a actual propietaria que era do seu avó, que llo deixou ao seu pai, e deste pasou a ela. Parece que o cambiaron de sitio, desprazándoo uns metros até a súa localización actual, estando orixinariamente no lateral da casa á que pertence.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 127)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.722345, -8.716111
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Eira de Lestrobe (5 hórreos)
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño