- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Tarrío
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado ao pé dunha pista medio asfaltada que se emprega como vía de servizo para a entrada das casas aquí existentes. Na zona coñecida como a Banda de Tarrío, no extremo occidental.
A cimentación é unha repisa moi alta para salvar un potente desnivel aquí existente, e é de cemento, sendo feita de novo cando se trasladou o hórreo de sitio. Ten tres cepas de pedra, encintadas con cemento. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, coa madeira pintada de vermello. Ten unha porta de madeira no lateral oeste, enmarcada por dúas columnas de pedra. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra, encintada con cemento, con porta de madeira pintada de vermello. E penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Os remates son dous pináculos piramidais moi estilizados, debaixo dos cales é visible unha bola achatada e cos ángulos marcados. Orientado ao NE.
No 2010, a cuñada do propietario di que debe ser antigo, aínda que foi cambiado de sitio, uns cen metros, xa que antes estaba diante da casa á que pertencía. Aínda se emprega para gardar o millo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 164)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.722866, -8.711810
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Rialiño
Dodro, San Xián de Laíño