Saltar ao contido principal

Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Pexegueiro - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Pexegueiro
Concello
Dodro

Situado nunha finca privada pechada, onde actualmente non vive ninguén.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura, cuberta de vexetación. Os soportes son tres cepas de pedra, con tornarratos de pedra transversal sobre cada cepa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra, e cornixa de madeira. Penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas, sen pinche. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao S.

No 2010, di un veciño que é moi antigo, que tería bastante máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 116)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.746125, -8.706222

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo