Saltar ao contido principal

Hórreo de Reboiras

Hórreo de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Reboiras
Concello
Dodro

Localízase entre dúas fincas privadas pechadas, moi preto da zona do Outeiro.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito alta, encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Non ten soportes. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo, asentando directamente sobre a repisa. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste enmarcada por dúas columnas de pedra. Columnas e cornixa de pedra. Os esquinais traseiros do hórreo son tamén de pedra, presentando, cada un, tres fendas de ventilación horizontais abucinadas. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, co van rematado en arco, e penal traseiro tamén de pedra cun só orificio de ventilación, no pinche e dentro dun motivo decorativo de círculo en relevo co interior convexo. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central, e talo rematado en bóla e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010,  un dos seus propietarios di que é moi antigo, de máis de cen anos, aínda que non sabe exactamente cal é a súa antigüidade.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 125)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.717446, -8.702104

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo