- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Vigo
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Localizado no centro do núcleo, ao pé dunha pista asfaltada, sobre o muro de peche dunha propiedade.
A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito que serve de peche da propiedade, ao pé dunha pista asfaltada, de máis de 2 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior e inferior. Acaroada á terceira cepa cara ao oeste ten un muriño de ladrillo, para dividir a parte de cada propietario. Esta división de propiedades en ladrillo tamén é visible no interior dos claros, entre o terceiro e o cuarto. Os tres primeiros gabinetes están pechados con ladrillo, cemento e madeira. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, dos cales o máis austral non conserva a madeira de peche. O resto presenta balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. A cornixa divide o penal traseiro do seu pinche, sendo todo de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. O penal dianteiro tamén é de pedra, con porta de madeira. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal frontal, cruz latina alta cos extremos engrosados e de sección cuadrangular sobre escocia e esta sobre pedestal cuadrangular; e, no penal traseiro, pináculo piramidal rematado nunha gran bóla. Orientado ao NE.
No 2010, o propietario di que é moi antigo, máis de cen anos.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 57)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715784, -8.692471
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Imo
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño