Saltar ao contido principal

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo de Lino
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1879
Lugar
Bustelo
Concello
Dodro

No medio da aldea, case afogado polas casas.

A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Gabinetes pechados con ladrillo e cemento para uso doméstico. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas.  Presenta unha porta de madeira no lateral leste. Linteis de pedra, con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta de sección cuadrangular sobre base troncopiramidal no penal dianteiro; e pináculo piramidal estilizado sobre base cuadrangular no penal traseiro. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de finais do século XIX (1879), por analoxías. A actual familia propietaria carece de documentación.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 208)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.731623, -8.769629

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo