Saltar ao contido principal

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Bustelo - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Autor imaxe
Outras denominacións
Hórreo de Isolina
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Bustelo
Concello
Dodro

Situado no medio da aldea, ao pé dunha pista asfaltada, servindo de muro de peche dunha propiedade.

A cimentación é unha repisa alta de perpiaños e cachotes de granito. Acaroado ao lado leste, ten un pequeno e rudimentario cuberto feito cunha gran lousa e sobre pés de pedra. Os soportes son catro cepas de perpiaños. Os gabinetes están pechados con ladrillo para uso doméstico. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo, cunha porta no lateral leste, enmarcada por dúas columnas de pedra, á que lle falta a folla de madeira. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, con sete fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: no penal do norte, o remate está cuberto de hedra, polo que apenas se distingue a base cuadrangular e o arranque dun pináculo; no penal do sur, pináculo piramidal estilizado rematado en pequena bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, este hórreo sería anterior á década de 1920, pola súa similitude con outros hórreos desta aldea. Carécese de documentos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 209)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732170, -8.769282

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo