Saltar ao contido principal

Hórreo de Traxeito

Hórreo de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1870
Lugar
Traxeito
Concello
Dodro

Situado na finca pertencente á casa nº 52 de Traxeito, no alto do núcleo, na mesma finca que outro hórreo.

A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito de pouca altura. Os soportes son catro cepas de pedra molduradas na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal é visible a inscrición coa data 1870. Cubrición de tella do país, en moi mal estado. Remates: cruz latina florenzada con botón central, sobre escocia; e pináculo piramidal sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

Data do ano 1870, segundo reza no frontispicio. Parece que pertencía a outro veciño que construíu este hórreo nesta finca para que estivera máis protexido.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 180)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.742332, -8.696030

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo