Saltar ao contido principal

Hórreo de Teaio

Hórreo de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

No Quinteiro de Arriba, servindo de peche a unha propiedade.

A cimentación e os soportes poden tratarse dunha repisa de cachotaría de granito e de catro cepas de pedra respectivamente. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con unha porta de madeira no lateral sur. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal do leste é de pedra con catro fendas de ventilación horizontais. O penal do oeste non se puido ver, aínda que supomos que debe ser tamén de pedra con ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: dous pináculos incompletos. Orientado ao NE-SW.

Por tipoloxía debe ser un dos máis antigos do conxunto de Teaio, do século XIX ou principios do século XX.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 264)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.715609, -8.754967

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo