- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No Quinteiro de Abaixo, nunha pequena parcela aberta fronte a un alpendre tamén propiedade da mesma familia que posúe o hórreo.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas de pedra. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, con excepción do gabinete norte, e con portas de prancha metálica para usos domésticos. Tornarratos corrido ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillo e cunha porta de madeira no lateral leste. Linteis de pedra con dúas fendas de ventilación horizontais cada un. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e pináculo piramidal estilizado rematado en bóla e con unha moldura na parte inferior, sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
No 2010, a irmá da propietaria di que andará preto dos cen anos, que sería de principios do século XX, xa que a súa nai, que naceu en 1902, lembra que de moi pequena ía levar comida aos canteiros que o estaban facendo.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 257)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.715179, -8.752558
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Eiró
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño