Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Moi preto da chamada Eira dos Hórreos, ao NE. 

Fermoso exemplar de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa de cachotaría de granito. Os soportes son catro cepas, molduradas na súa parte superior, usándose os gabinetes para gardar a leña. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Columnas de pedra e cornixa tamén de pedra moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal posterior tamén de pedra con 8 fendas de ventilación horizontais. Ten sobrepenas sobre os dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con tella do país. Os remates son unha cruz con extremos florenzados, alta, sobre unha base cuadrangular que á súa vez asenta sobre unha base en forma de escocia, na parte dianteira; e fermoso pináculo piramidal rematado en bola na parte traseira. Orientado ao NE.

No 2010, os propios veciños outórganlle unha considerables antigüidade (tería máis de cen anos).

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 28)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.732462, -8.670289

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo