- Outras denominacións
- Hórreo do Cachón
- Tipoloxía
- Hórreos
- Lugar
- Revixós
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
No lugar coñecido como O Cachón. Está nun alto, ao lado dunha pista asfaltada.
Fermosísimo exemplar que destaca pola súa factura ruda e primitiva. Non ten repisa, non quedando á vista a súa cimentación. Os seus soportes son catro cepas feitas de forma moi ruda, de granito sen traballar. Na xuntura das pedras é visible argamasa de arxila amarela e pedras de pequeno tamaño. O tornarratos, tamén de grande rudeza, é unha única plataforma corrida, feita de varias laxes de granito dispostas ao longo e ancho do hórreo, que se estende entre as cepas e o corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa de madeira. O penal frontal, de pedra, ten porta de madeira. O penal traseiro, tamén de pedra, presenta dúas fendas de ventilación horizontais. Presenta sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Só conserva un remate, unha cruz latina de sección cuadrangular, alta, sobre base cuadrangular, na parte dianteira. de grande rudeza. Orientado ao NE.
No 2010, un dos seus propietarios di que tería máis de cen anos seguro, e que quizais ande preto dos douscentos. Realmente a factura é moi primitiva e ruda. Sería o máis antigo da aldea e dos máis antigos do concello. Xa lle quixeron comprar e roubar a cruz en varias ocasións.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 46)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.725044, -8.684370
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo da Xaniña
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo da Igrexa
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro