- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1908
- Lugar
- Manselle
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Situado no patio pechado privado da casa á que pertence, o número 60, na Aldea de Riba.
A cimentación é unha repisa de cachotes de granito, con excepción do gabinete norte, onde é de ladrillo. Os soportes son catro cepas de pedra. O gabinete do medio está pechado con cemento no lateral leste, estando o lateral oeste pechado con malla metálica, sendo empregado como paxareira. O gabinete do sur está pechado por ambos lados con cemento, sendo empregado como pombal, xa que son visibles no lateral oeste os pequenos buracos cuadrangulares para a entrada das pombas. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e unha ou dúas cintas, con tres portas de madeira no lateral oeste. Os linteis, con fendas de ventilación horizontais, as columnas e a cornixa son de pedra. Ten esquinais tamén de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Os dous penais son de pedra, con 15 fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita e por riba tella do país. Remates: cruz latina alta cos extremos ensanchados e de sección cuadrangular, con decoración de pequenas boliñas acaroadas, sobre base en escocia; e pináculo piramidal estilizado con molduras semicirculares na parte inferior e remate en bóla ovoide, sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.
No 2010, a filla da propietaria conta que dataría de 1908 ou 1909.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 101)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.730681, -8.718743
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño