Saltar ao contido principal

Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Manselle
Concello
Dodro

Situado no patio privada da casa á que pertence, o nº 46 do núcleo, na zona coñecida como O Souto.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra, molduradas na parte superior. O gabinete do leste está pechado con ladrillos. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, pechados con ladrillo. Linteis, columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con oito fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal parece lerse unha data: (...)93. A cubrición é de tella do país. Remates:  cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre escocia; e pináculo piramidal rematado en bóla achatada e angulosa e sobre base cuadrangular. Orientado ao SE.

Por tipoloxía parece ter máis de cen anos. De feito, no pinche frontal parece lerse unha data, aínda que está moi borrada: (...)93.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 98)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730212, -8.718234

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo