Saltar ao contido principal

Hórreo da Devesa

Hórreo da Devesa - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo de Enrique
Tipoloxía
Hórreos
Cronoloxía
1920
Lugar
A Devesa
Concello
Dodro

Na parte alta da aldea.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 40 centímetros de alto. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento, sendo usados como galiñeiros. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillos, con unha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. O penal da fronte é de pedra con porta de madeira; e o penal traseiro é de pedra se ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella plana. Remates: cruz céltica (en Bustelo chámana cruz funeral) florenzada con botón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; non conserva o pináculo, só a base cuadrangular. Orientado ao NE.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, dataría de principios do século XX, probablemente de antes de 1920. Sen embargo, o xenro da actual propietaria díxonos que este hórreo ten máis de cen anos. A cruz que ten actualmente non é a orixinal.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 183)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.728776, -8.741159

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo