Saltar ao contido principal

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Outras denominacións
Hórreo da Casa Antiga do Monte
Tipoloxía
Hórreos
Lugar
Lestrobe
Concello
Dodro

Hórreo pertencente á Casa Antiga do Monte, actualmente restaurada e habilitada como casa rural, situado na finca traseira da mesma.

Fermoso exemplar de hórreo mixto, moi ben restaurado. A cimentación consiste nunha repisa de cachotaría de granito de 54 centímetros de alto, con dúas grades na fronte. Na parte exterior, que dá a unha pista, a repisa é máis alta debido ao desnivel existente, facendo as veces de muro de peche da finca e medindo uns 2 metros de altura. Os soportes son catro cepas de pedra. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas de pedra e cornixa tamén de pedra moldurada. Penais de pedra, cunha porta de madeira na parte frontal e con sete fendas de ventilación no penal traseiro. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país. Rematado nunha cruz alta con extremos de sección cadrada na parte dianteira e pináculo no lado oposto. Orientado ao NE.

No 2010, din os propietarios que é un hórreo antigo, como a casa, que era dos seus bisavós. De máis de cen anos.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 35)

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

Coordenadas (WGS84)

42.730182, -8.672657

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo