- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Xunto á rúa Campo da Escola. Nun patio pechado.
Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de 1,10 metros de altura. Os soportes son, nos dous extremos, cepas de pedra, e no medio, pés en forma de columnas de sección cuadrangular cos ángulos en chafrán, pechadas entre si con ladrillo. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa e sobre as dúas columnas do medio. O gabinete oeste está pechado con ladrillo, facendo dous cubículos para gardar apeiros de labranza. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. O penal frontal é de pedra e con porta de madeira, ten a uns 50 centímetros de distancia unhas escadas de pedra con seis grades e orientadas perpendicularmente ao hórreo. O espazo entre o hórreo e as escadas está pechado cun muriño e unha plataforma de ladrillo. O pinche deste penal é de cemento. O penal traseiro é de pedra e presenta tres fendas de ventilación circulares de moi bela factura e seis fendas horizontais. Ten sobrepenas nos dous pinches, o traseiro de pedra. Cubrición de tella do país. Dos remates só conserva o pináculo, de moi bela factura, moldurado e rematado en bola. Ao norte ten acaroado un galpón de ladrillo. Orientado ao NE.
No 2010, di a propietaria que sería moi antigo, aínda que non puido especificar canto. Dataría de principios do século XX.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 33)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.732201, -8.669869
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Sar
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Bexo
Dodro, San Xoán de Laíño