- Outras denominacións
- Hórreo dos Tobíos
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- Século XX
- Lugar
- Bustelo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Nun outeiro, no lugar coñecido como A Eira, no ángulo SE da aldea.
A cimentación é unha repisa baixa de cachotes de granito encintados con cemento, a cal asenta sobre a rocha natural. Os soportes son cinco cepas de perpiaños. Os dous gabinetes do sur están pechados con ladrillos e os do norte teñen restos de balaústres de madeira. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten catro claros, con dous claros e medio pechados con ladrillo e o resto con balaústres de madeira e dúas cintas. Ten unha porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de perpiaños de granito, sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, en bastante mal estado. Remates: non conserva a cruz, só a base cuadrangular; na parte traseira, pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide e angulosa sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, habería que datalo a principios do século XX, aínda que non hai referencias concretas sobre a súa cronoloxía. Seguramente construído antes de 1920 por analoxía con outros exemplares semellantes.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 203)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.731692, -8.768787
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Reboiras
Dodro, San Xián de Laíño