- Outras denominacións
- Hórreo de Manuel Bustelo
- Tipoloxía
- Hórreos
- Cronoloxía
- 1911
- Lugar
- A Devesa
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No lugar da aldea coñecido como Largas de Fora, no extremo norte do núcleo.
A cimentación é unha base de perpiaño sobre cachotes de granito baixo cada cepa. Os soportes son catro cepas de pedra encintadas con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillo. Tornarratos corrido ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten tres claros, pechados con ladrillos, con unha porta de madeira no lateral oeste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada e separando os penais dos seu respectivos pinches. O penal da fronte é de pedra con porta de madeira; e o penal traseiro é de pedra se ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche frontal intúese unha inscrición con unha data, moi gastada: 1911. Cubrición de tella plana. Remates: cruz latina estilizada florenzada de sección cuadrangular, sobre base en escocia; e pináculo piramidal estilizado rematado en bóla ovoide e sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.
No frontispicio norte, aínda que bastante gastado, pódese intuír a data 1911, que é a que recolle a ficha do Inventario do Patrimonio. Orixinalmente este hórreo atopábase na costa, sendo trasladado ao lugar actual cando se fixo a actual pista asfaltada.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 182)
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
Coordenadas (WGS84)
42.729334, -8.740132
Máis elementos do catálogo
Hórreos
Hórreo de Teaio
Dodro, San Xoán de Laíño
Hórreos
Hórreo de Pexegueiro
Dodro, San Xián de Laíño
Hórreos
Hórreo de Revixós
Dodro, Santa María de Dodro