- Outras denominacións
- Cruceiro dos Carballiños ou Cruz de Rialiño
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Cronoloxía
- 1813
- Lugar
- Rialiño
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Está localizada nunha contorna rural, no cruce de tres camiños. Trátase dunha cruz simple de granito, con 55 centímetros de base e 1,35 metros de altura. Non ten baseamento, pedestal de base prismática coas arestas da cara superior en chafrán, cunha inscrición dentro dun recadro (ilexible). Non ten varal nin capitel, e a cruz é sinxela, de tipo latina, cos ángulos rematados en chafrán e os extremos de sección cuadrangular.
Data de 1813. Antigamente empregábase como lugar de soterramento de bebés non bautizados. Hoxe segue a ser un lugar de culto relixioso e parada de procesións. A Carreira das Bestas era o vello camiño sacramental que baixaba desde onde está o Cruceiro de Don Pedro, na Cruz, até O Rialiño. O cruceiro cambiouse de sitio por unha ofrenda e roubáronlle a cruz varias veces.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-24)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.735867, -8.695537
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro do Soutiño
Dodro, Santa María de Dodro
Elementos relixiosos
Cruceiro de Manselle
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Lestrobe
Dodro, Santa María de Dodro