- Outras denominacións
- Cruceiro do Campo
- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Lestrobe
- Parroquia
- Santa María de Dodro
- Concello
- Dodro
Na actualidade forma parte do muro de peche de propiedade dunha vivenda privada do núcleo, ao longo da estrada AC-307.
Cruceiro de granito. Non ten baseamento. O pedestal é cuadrangular, remata con chafráns. O varal é de sección octogonal, comeza e remata cadrado. O capitel é cúbico. A cruz é de sección cuadrangular, con brazos con chafráns, con remates florenzados con botón central.
Ten máis de 100 anos. Tradicionalmente, o cruceiro estaba situado nun cruce de camiños, mais co paso do tempo chegou a formar parte da estrutura do muro de peche dunha vivenda particular. Era punto de parada das procesións e dos enterros.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-26)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.731036, -8.671066
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro
Dodro, Santa María de Dodro
Elementos relixiosos
Cruceiro da Arregañada
Dodro, San Xoán de Laíño