- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Teaio
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
Ao borde dunha pista, nunha finca.
Cruceiro de granito. Mide 3 metros de alto e 1,13 de ancho. O baseamento é unha grada cuadrangular. O pedestal é cúbico rematado con chafráns, rematada en toro. O varal é un fuste de sección cuadrangular no inicio e octogonal no resto. Do capitel só fica un anaco, con ábaco cilíndrico. A cruz é latina.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. O cortexo fúnebre parábase ao pasar para rezar unha oración polo defunto. Camiño sacramental en desuso desde hai uns 30 anos. Parece que aquí tamén enterraban ao nenos sen bautizar.
Foron os propios veciños de Teaio os que recuperaron este cruceiro do abandono e deterioro.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-21)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.714692, -8.746512
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Bustelo
Dodro, San Xoán de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Basoco
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro da Igrexa de San Xoán de Laíño
Dodro, San Xoán de Laíño