Saltar ao contido principal

Cruceiro da Igrexa de San Xoán de Laíño

Cruceiro da Igrexa de San Xoán de Laíño - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: José Alberto Solla Barreiro
Lugar
A Igrexa
Concello
Dodro

Situado no adro da igrexa parroquial, nun lateral da mesma.

Feito de granito e cemento. Mide 4,50 metros de alto por 2,05 de ancho. O baseamento é de cemento, sobre tres grades cuadrangulares, a primeira delas semisoterrada. O pedestal é de cemento, cúbico, remata con chafráns, paramentos recadrados. O varal é un fuste de cemento, estilizado de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. O capitel é de granito, cuadrangular, con astrágalo cuadrangular liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, volutas, follas de acacia e querubíns. A cruz é de sección circular, leñosa con nós e brazos desiguais. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara o ombro esquerdo, coas mans pechadas. Con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita, INRI (pergamiño). No reverso da cruz hai unha Virxe co neno coroada e sobre peaña dun querubín.

Ten máis de 100 anos a cruz e o capitel, mentres que o fuste, a basa e a plataforma son máis recentes, froito dunha restauración. Este cruceiro non é o orixinal, polo menos a cruz, posto que foi cambiado en tempos polo Cruceiro de Ignacio en Bexo.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-02)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.716188, -8.728484

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo