- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Imo
- Parroquia
- San Xoán de Laíño
- Concello
- Dodro
No cruce da estrada AC-305 coas estradas que levan a Imo e a Castro. Por tanto, cruce de 3 camiños. É visible ao carón da referida estrada AC-305.
Cruceiro de granito. Mide 3,70 metros de alto e 1 de ancho. O baseamento é cuadrangular, con dúas gradas. O pedestal é un bloque cuadrangular con recadros rebaixados en cada unha das súas caras. O varal é de sección cuadrangular na parte inferior e superior, e cos ángulos en chafrán no medio. O capitel é cuadrangular, con astrágalo e ábaco rectangulares e lisos, cunha cara de anxo con dúas volutas e dúas follas en cada cara. A cruz é de sección octogonal. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara o ombro dereito, coas mans abertas. Con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita, INRI (pergamiño). No reverso da cruz hai unha Virxe en actitude de orar, coas mans xuntas e sobre peaña.
O conxunto é moi antigo, ten máis de cen anos, con excepción da columna, que foi posta de novo. Debeu de perder a antiga columna que tiña porque os veciños lémbranse de ver a cruz directamente sobre o pedestal. Parece que foi desprazado uns poucos metros ao leste con respecto á súa implantación orixinal, cando foi da concentración parcelaria. O cruceiro sinaliza un cruce de camiños. O cortexo fúnebre paraba diante e rezábase unha oración polo defunto.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-28)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.714856, -8.720412
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro
Dodro, Santa María de Dodro
Elementos relixiosos
Cruz da Estivadiña
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Don Pedro
Dodro, San Xián de Laíño