Saltar ao contido principal

Cruceiro de Don Pedro

Cruceiro de Don Pedro - Dodro - San Xián de Laíño
Imaxe: Xenealoxías do Barbanza
Outras denominacións
Cruceiro da Tomoada
Lugar
Monte Balouta
Concello
Dodro

No lugar coñecido como A Tomada, xunto as aldeas de arriba, na parroquia de San Xián de Laíño. Ao pé da estrada Laíño-Rois.

Cruceiro de granito (plataforma e basa) e cemento (varal e cruz). A base mide 3,15 metros. O baseamento é cuadrangular con catro graos de pedra. O pedestal é cuadrangular, remata cunha roda moldurada e paramentos recadrados, de granito. O varal é de cemento, de sección cuadrangular na parte inferior e no extremo superior, e con ángulos en chafrán no medio. Ten placa de mármore na parte inferior coa seguinte inscrición: “PROMESA DE JOSE BENITO CAROU CUMPLIDA POR SU NIETO JOSE RODRIGUEZ CAROU”. O capitel é cuadrangular moldurado con cuarto bocel, de pedra e cemento. A cruz é de cemento, de sección cilíndrica. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza á dereita, mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita e INRI (pergamiño). No reverso da cruz non ten figuras.

A parte máis antiga, de máis de 100 anos, corresponde á plataforma e a basa de granito. Na publicación de Martín Ruíz (1999), este cruceiro aínda estaba incompleto, mentres que na ficha do preinvetario etnográfico da Xunta de Galicia (ano 2004) xa estaba refeito o varal e a cruz en cemento. Foi roubado en varias ocasións e sempre restaurado. Era punto de parada nas procesións e parada no camiño sacramental que baixaba desde Rialiño até A Igrexa.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Xenealoxías do Barbanza

Protección

Non

Coordenadas (WGS84)

42.730923, -8.707249

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo