Saltar ao contido principal

Cruceiro de Dodriño

Cruceiro de Dodriño - Dodro - Santa María de Dodro
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Outras denominacións
Cruceiro do Lourido
Lugar
Dodriño
Concello
Dodro

No cruce de tres camiños.

Cruceiro de granito e cemento. Mide 3,70 metros de alto por 1,20 de ancho. O baseamento é unha grade cuadrangular. O pedestal é unha basa prismática de arestas de cara superior en chafrán. O varal é de sección cadrada en inicio e octogonal ou de arestas chafranadas no resto. O capitel ten un equino e un ábaco sinxelos. A cruz é sinxela de sección octogonal.

Ten máis de 100 anos, aínda que non se pode precisar a data. No 2010, un veciña conta que cando era pequena os seus maiores contáronlle que esa cruz estaba alí porque foi onde mataran a un home. Os cortexos fúnebres paraban diante.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Cruceiros de Galicia

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-13)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.718965, -8.689052

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo