- Tipoloxía
- Elementos relixiosos
- Lugar
- Manselle
- Parroquia
- San Xián de Laíño
- Concello
- Dodro
Localizado no lugar do núcleo coñecido como A Aldea de Abaixo, no cruce de dous camiños.
Construído en granito e formigón (a cruz). Mide 3,70 metros de alto e 1 de ancho. O baseamento ten dúas gradas cuadrangulares. O pedestal é cuadrangular con paramentos recadrados, remata nun toro. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e circular no resto. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, volutas, cunchas e cabezas de anxos con ás. A cruz é de sección cuadrangular recrucetada, de formigón. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara a dereita, coas mans abertas; con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita (de formigón). No reverso da cruz hai unha Virxe de Fátima coas mans xuntas (de formigón).
Ten máis de 100 anos. Orixinariamente estaba situado máis abaixo, na entrada da aldea. Cando se fixo a Autovía do Barbanza houbo que mudalo de sitio. O cortexo fúnebre paraba diante.
Referencias
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
Protección
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-05)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
Coordenadas (WGS84)
42.729083, -8.717984
Máis elementos do catálogo
Elementos relixiosos
Cruceiro de Tarrío
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Gradín
Dodro, San Xián de Laíño
Elementos relixiosos
Cruceiro de Dodriño
Dodro, Santa María de Dodro