Saltar ao contido principal

Cruceiro do Botafal

Cruceiro do Botafal - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Cruceiros de Galicia
Outras denominacións
Cruceiro da Veiga ou Cruceiro da Canle
Lugar
Teaio
Concello
Dodro

No encontro de dous camiños, na beira da rúa que atravesa o núcleo.

Cruceiro de granito e cemento. Mide 5 metros de alto por 1 de ancho. O baseamento é unha grade de sección cuadrangular. O pedestal é unha basa prismática con arestas da cara superior matadas. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. O capitel é sinxelo, con parte cónica e prismática. Parece de cemento. A cruz é de sección cadrada, con Cristo no anverso e a Virxe oradora no reverso.

Segundo a ficha  do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. No 2010, segundo contan os veciños, hai uns 3 meses un coche ou tractor chocou co cruceiro e moveu a cruz, a cal foi retirada polo Concello para a súa restauración. Unha veciña comentou tamén que pensaba que este cruceiro estaba situada antigamente nunha pista ao lado da actual escola, sendo coñecido como o Cruceiro da Canle, o cal foi cambiado de sitio. Os cortexos fúnebres paraban ao pasar diante.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Cruceiros de Galicia

Xoán Xosé Vicente

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-22)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.715226, -8.751896

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo