Saltar ao contido principal

Cruceiro de Ignacio

Cruceiro de Ignacio - Dodro - San Xoán de Laíño
Imaxe: Refoxeiro
Cronoloxía
Século XIX
Lugar
Bexo
Concello
Dodro

Na beira da pista asfaltada que vai para a igrexa parroquial, a mesma xunto á que está o Cruceiro das Escuras e un cruceiro desaparecido chamado cruceiro de Sabela.

Cruceiro de granito de 3,70 metros de alto e 0,60 de ancho. O baseamento é cuadrangular con dúas gradas. O pedestal é cuadrangular, moi moldurado e unha grande escocia. Presenta a inscrición: “DEBOCIÓN DE INACIO REI”, aínda que actualmente apenas se percibe. O varal é de sección cadrada en inicio, con paramentos recadrados, e octogonal no resto; ten símbolos da Paixón: martelo, cáliz, tenaces, escada, esponxa e outro, aínda que actualmente apenas se perciben con claridade. O capitel é cilíndrico, con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, con volutas e imaxes nas catro caras. A cruz é de sección rectangular con brazos con chafráns e remates florenzados. No anverso da cruz ten un Cristo abraza a San Francisco e este apreixa o corpo de Xesús que descrava a manpara abrazalo e corresponder dese xeito a tanto amor. Escena baseada na visión mística de Murilllo, que representou nun cadro que se atopa no Museo Provincial de B.A. de Sevilla. No reverso hai unha Virxe do Socorro, con anxos coroándoa.

Ten máis de 100 anos (de finais do século XIX-principios do XX). Feito polo veciño desa aldea D. Ignacio Rei. Parece que a cruz non é a orixinal, atopándose esta no cruceiro do adro da igrexa parroquial (o cura párroco decidiu cambialas pois lle gustaba máis o orixinal de Ignacio), sendo este o que tiña antes o cruceiro da igrexa parroquial. Aquí parábase a rezar unha oración nos enterros.

Galería de imaxes Álbum de fotos externo

Referencias

Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

Sendeiros de Dodro

Patrimonio Galego

Protección

Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-19)

Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

Coordenadas (WGS84)

42.701986, -8.732564

Ver no mapa xeral

Máis elementos do catálogo